xoves, 24 de outubro de 2019

PIOMIOSITE

Definición

A piomiosite (PM) ou miosite tropical é unha infección bacteriana primaria rara do músculo esquelético, xeralmente derivada dunha diseminación hemática ou debida a unha lesión muscular. Caracterízase por sensibilidade e dor á palpación no músculo afectado, febre e formación de abscesos. Maniféstase en calquera idade e predomina nos varóns.

Signos e síntomas

Esta enfermidade desenvólvese en 3 etapas:
- Etapa invasiva: 1-10 primeiros días. Dor muscular, inflamación e febrícula.
- Etapa purulenta ou supurativa: 2 ou 3 semanas despois da aparición dos primeiros síntomas. Febre progresiva e tecido blando, sensible e doloroso á palpación.
- Etapa tardía ou séptica: se non se trata, nesta fase prodúcese sepsis, que pode conducir a bacteremia, septicemia, absceso metastásico, insuficiencia renal aguda, choque séptico e morte.

Diagnóstico

A PM é difícil de diagnosticar. As técnicas de diagnóstico por imaxe son un método útil para diagnosticar esta enfermidade.
Por outro lado, na etapa purulenta pódese aspirar pus para determinar un diagnóstico.

En canto ao diagnóstico diferencial, incluimos:
- Miositis parasitaria e vírica
- Leptospirosis
- Polimiositis
- Osteomielitis
- Celulitis
- Fascitis necrosante
- Mionecrosis clostridial
- Artritis piógena
- Trombosis venosa profunda
- Contusiones musculares, hematomas, desgarros o distensiones

Tratamento

É moi importante realizar un diagnóstico precoz e un tratamento rápido con antibióticos. Este deben administrarse durante 3-4 semanas, ou incluso máis en caso de afectación muscular múltiple, infeccións mal drenadas, cando o tto se iniciou tarde ou cando é causado por micobacterias ou Bartonella. Se se forma un absceso, procederase á incisión, desbridamento e drenaxe muscular quirúrxico, ou aspiración guiada por TAC seguida de terapia antibiótica. A drenaxe muscular é necesaria nun 40-70% dos casos, sendo necesaria unha segunda drenaxe no 10% destes casos. O tratamento debe continuar hasta que o individuo non manifeste febre durante 7 ou 10 días, a ferida esté limpia e o reconto de leucocitos volva á normalidade.

Pronóstico

Cando o diagnóstico e o tratamento son correctos, o pronóstico e bo, habendo moi pouca ou ningunha deformación residual dos músculos. Se a PM non se trata, a tasa de mortalidade está entre o 0,5% e o 2%.

Prevalencia

A prevalencia desta enfermidade é descoñecida, aínda que se sabe que a PM é habitual en países tropicais e endémica do este de Uganda (400 e 900 casos anuais). Ademais, na actualidade están aumentando os casos de PM en rexións temperás, como EEUU.


Engrosamento e aumento da intensidade de sinal do
músculo obturador externo esquerdo (en comparación
co contralateral)
RMN. Afectación difusa de cabeza
e cuello de fémur izq., e lesión
hiperintensa en vasto lateral

Ningún comentario:

Publicar un comentario

ACALASIA IDIOPÁTICA

Definición Trastorno motor esofáxico primario que presenta unha pérdida de peristalsis esofáxica e unha relaxación non eficaz do esfínter ...