Definición
O linfoma de Burkitt (LB) é un tipo de linfoma no Hodgkin de células B agresivo (de crecemento rápido) que se presenta con maior frecuencia en nenos e en adolescentes.
É posible que a enfermidade afecte a mandíbula, o sistema nervioso central, ao instestino, aos riles e aos ovarios.
Hai tres tipos:
- Esporádico: presentase en todo o mundo.
- Endémico: presentase en África.
- Relacionado coa inmunodeficiencia: observase con maior frecuencia nos pacientes con SIDA.
Signos e síntomas
O LB podese notar inicialmente como unha inflamación dos ganglios linfáticos (glándulas) na cabeza e no pescozo. Estes ganglios linfáticos inflamados adoitan ser indoloros, pero poden crecer moi rápido.
Algún síntoma desta enfermidade pode ser:
- Febre.
- Sudoración nocturna.
- Perdida de peso inexplicable.
Diagnóstico
As probas que se poden realizar son:
- Biopsia da médula ósea.
- Radiografía de tórax.
- Tomografía computarizada de peito, abdomen e pelvis.
- Conteo sanguíneo cefalorraquídeo.
- Biopsia do ganglio linfático.
- Escaneo TEP.
Tratamento
O principal tratamento é a quimioterapia e debe de ser aplicada o antes posible debido a rapidez de crecemento que presenta este tipo de cancro. En caso de que non responda a quimioterapia so se poderá recurrir a un trasplante de médula ósea.
Pronóstico
Máis da mitade de persoas con LB podense curar con quimioterapia intensiva. A tasa de curación pode ser máis baixa si o cancro se disemina a médula ósea ou ao líquido cefalorraquídeo. O pronóstico é desfavorable si o cancro reaparece despois de unha remisión ou non disminue co primer ciclo de quimioterapia.
Prevalencia
A prevalencia desta enfermidade é descoñecida
Ningún comentario:
Publicar un comentario