O labio leporino aislado é unha embriopatía de tipo fisura que vai dende o labio superior á base do nariz. Adoita aparecer no lado esquerdo, aínda que tamén se pode presentar no dereito.
Signos e síntomas
A fisura é paramediana e sitúase a nivel do surco nasolabial. Prodúcese unha interrupción mucosa, muscular e cutánea, dende o labio ata a base do nariz, así como deformacións secundarias das narinas e do tabique nasal.
Diagnóstico
O diagnóstico é clínico.
En canto ao diagnóstico diferencial, a presencia de malformacións asociadas permite diferenciar as formas sindrómicas das aisladas.
Pódese realizar un diagnóstico prenatal mediante ecografía.
Tratamento
É preciso unha intervención médica e quirúrxica multidisciplinar dende o nacemento ata que finaliza o crecemento. Realízase unha cirurxía primaria, precisándose unha secundaria maxilofacial e plástica nalgúns casos para mellorar a cosmética e a función. A secuencia do tratamento inicial establécese durante o periodo neonatal.
Pronóstico
O pronóstico depende do manexo inicial da enfermidade, así como de que haxa un seguimento do neno durante a etapa de crecemento. O labio leporino pode ter consecuencias funcionais, estéticas e psicolóxicas que requiran tratamento en centros especializados.
Prevalencia: 1-5/10000 (depende da orixe xeográfica e do grupo étnico, e é máis frecuente en varóns)
Nas imaxes que se mostran a continuación podemos ver un labio leparino antes da intervención (1) e outro despois de intervir (2).
1 |
2 |
Ningún comentario:
Publicar un comentario