mércores, 20 de novembro de 2019

ACALASIA IDIOPÁTICA

Definición

Trastorno motor esofáxico primario que presenta unha pérdida de peristalsis esofáxica e unha relaxación non eficaz do esfínter esofáxico interior na resposta a deglución.
Considérase unha patoloxía autoinmune, viral ou neurodexenerativa.

Signos e síntomas

- Disfaxia de sólidos e líquidos.
-Regurxitación insípida.
-Dor torácica.
-Pérdida de peso entre 5 e 10  kg.
-Pirosis.
-Trastornos autoinmunes como diabetis mellitus, hipotiroidismo, síndrome de Sjögren ou lupus eritematoso.

Diagnóstico

A falta dunha resposta na terapia con inhibidores da bomba de protóns e un individuo diagnósticado en principio de refluxo gastroesofáxico, debemos sospeitar de outros trastornos da motilidade como acalasia idiopática e con maior énfasis si presenta disfaxia.
 O diagnóstico básase na historia da enfermidade, radiografía especialmente esofagograma con bario e probas da motilidade esofáxica.
É recomendable a realización de unha endoscopia para valorar o enlace gastroesofáxico e o cardias gástrico para descartar malignidade.
As novas tecnoloxías como manometría de alta resuloción axudannos a ver o pronóstico do tratamento.

Tratamento

Non se chega a curar de completo pero si se consegue bos resultados. As principais terapias  médicas e quirúrxicas teñen como obxetivo reducir a presión do esfínter esofáxico interior e facilitar o vaciamento esofáxico por gravidade e presión hidrostática de alimentos e líquidos retidos.
Algunhas terapias son a dilatación neumática, miotomía quirúrxica ou axentes farmacolóxicos.
A dilatación neumática ou a miotomía quirúrxica aconsellanse como terapia inicial dependendo da idade, sexo e das preferencias do individuo. A terapia con toxina botulínica está indicada para individuos que rechacen terapias definitivas aunque esta é menos efectiva que as explicadas anteriormente.

Pronóstico

Ten un pronóstico excelente. A maioría dos doentes que son tratados de maneira eficaz teñen unha esperanza de vida como calquer individuo que non teña a patoloxía, aunque pódese sufrir crisis e precisar de tratamento intermitente.

Prevalencia

Ten unha incidencia anual de 1 de cada 200 000 casos sendo máis frecuentes entre os 3 e 60 anos.


Ningún comentario:

Publicar un comentario

ACALASIA IDIOPÁTICA

Definición Trastorno motor esofáxico primario que presenta unha pérdida de peristalsis esofáxica e unha relaxación non eficaz do esfínter ...