domingo, 27 de outubro de 2019

MALFORMACIÓN DE CHIARI

Definición


A  malformación de Chiari o Arnold -Chiari  é unha afección no texido cerebral que se extende ao canal medular. Ocorre cando parte do cráneo é anormalmente pequeno ou deforme e xenera presión no cerebro e o empuxa hacia abaixo
Clasificase en tres tipos, según a anatomía do texido cerebral que se despraza hacia o canal medular e si se encontran anaomalías no desenvolvemento  do cerebro ou na columna vertebral. 
  • Chiari tipo I: producese mentras crece o cráneo e o cerebro, por este motivo os signos non adoitan presentars hata finais da infacia ou entrado na adulta.
  • Chiari tipo II: presentase no nacemento  (conxénita)
  • Chiari tipo III: presentanse no nacemento, (conxénita). Este tipo ten unha tasa de mortalidad superior e tamén pode causar problemas neurolóxicos.  
Signo e síntomas 

Moitas persoas con malformación de Chiari non teñen signos nin sítomas e non necesitan tratamento. Pero si e sintomática os signos e síntomas van a depender do tipo que sea:

Tipo I: principal síntoma son dores de cabeza frecuentes e intesos que son producidos despois de toser, dun estornudo ou dun esforzo repentino. Aparte deste síntoma tamén poden aparecer os seguintes:
  • Dor de pescozo.
  • Andar inseguro (problemas de equilibrio).
  • Coordinación manual (habilidades de motricidade fina) deficiente.
  • Entumencemento e formigueo nas mans e nos pes. 
  • Mareos.
  • Dificultade ao tragar, atragantamento e vómitos .
  • Problemas de visión (borrosa ou dobre).
  • Problema de fala, como ronqueira.
Tipo II: os signos e síntomas poden incluir os relacionados con unha espiña bífida chamada mielomeningocele. Os síntomas poden incluír o seguinte:
  • Cambios no patrón da respiración. 
  • Dificultade ao tragar, como arcadas.
  • Movemento ocular rápido hacia abaixo.
  • Debilidade nos brazos.
Diagnóstico

O diagnóstico realizarase mendiante probas de diagnóstico por imaxe para así poder determinar as causas da afección. As pobras poden incluir o seguinte:
  • Imaxes por resonancia magnética (IRM).
  • Cine- resonancia magnética (CINE RM).
  • Radiografías.
  • Exploración por tomografía computarizada (TC o TAC).
  • Resposta auditiva provocada no tronco encefálico.
  • Potencias evocados somatosensoriais ( PESS).

Tratamento 

O tratamento para as malformacións de Chiari depende da gravidade e das características da afección.
Si non presenta síntomas o médico probablemente non recomende ningún tipo de tratamento so controis con exame regulares e resonancias magnéticas.
Cando presenta cefaleas ou outros tipos de dores (síntomas primarios) recomendarán analxésicos  e sí os síntomas se agravan e necesario intervención cirúrxica (descompresión fosa anteior) 

Pronóstico 

Canto menos grave sea a afección, mellor será o pronóstico. Os síntomas desta enfermidade si se presentan non adoitan empeorar co tempo.
Sí e necesaria a intervención cirúrxica a obtención dun bo resultado a largo prazo depende da gravidade dos síntomas e do tempo que estuberan presentes antes da intervencion cirúrxica. Si o período de tempo foi breve hai máis probabilidades de que os síntomas remitan tras a intervención. 

Prevalencia

A prevalencia é descoñecida para esta enfermidade.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

ACALASIA IDIOPÁTICA

Definición Trastorno motor esofáxico primario que presenta unha pérdida de peristalsis esofáxica e unha relaxación non eficaz do esfínter ...