domingo, 27 de outubro de 2019

MALACOPLAQUIA

Definición

É unha enfermidade granulomatosa crónica pouco frecuente, que se caracteriza pola presencia de unha ou varias tumoracións que aparecen en calquera parte do organismo. Crese que é secundaria a unha alteración do sistema fagocitario humano.

Signos e síntomas

Os individuos que presentan esta enfermidade poden ser asintomáticos ou presentar síntomas clínicos non específicos, como febre ou dor, dependendo do órgano implicado.
A malacoplaquia afecta ao tracto urinario na maioría dos casos, podéndose extender ata a rexión retroperitoneal e os ganglios linfáticos. Ademais, o aparato dixestivo tamén se pode ver afectado.
  • Os pacientes con afectación do tracto urinario presentan infeccións crónicas e síntomas como urxencia urinaria, vacilación, disuria intermitente, hematuria e proteinuria.
  • Os pacientes con afectación gastrointestinal, presentan diarrea recurrente, dispepsia, dor abdominal e hemorraxia.
  • Se a malacoplaquia afecta ao tracto xenital feminino, o principal signo é o sangrado vaxinal.
  • A malacoplaquia cutánea aparece como pápulas ou ulceracións en varias localizacións, asociada con erupción cutánea e picazón.
Imaxe microscópica. Mostra células von Hansemann
con corpos de Michaelis-Gutmann
Diagnóstico

O diagnóstico é difícil, debido á ausencia de síntomas específicos. 
Realízase unha endoscopia que revela a presencia de placas ou nódulos polipoides amarelos ou blancos vascularizados, e confírmase mediante biopsia do tecido afectado. O exame histolóxico revela a presencia de células von Hansemann con corpos de Michaelis-Gutmann.

O diagnóstico diferencial vai depender do órgano implicado. Este inclúe: neoplasias malignas primarias ou metastásicas, enfermidades inflamatorias, infecciosas e infeccións cutáneas por fungos.

Tratamento

Adminístranse antibióticos con moléculas intracelulares (fluoroquinolonas, trimetroprim-sulfametoxazol). Non hai un tempo estándar da duración da terapia. En casos pseudotumorais, requírese a eliminación quirúrxica das lesións.

Pronóstico

O pronóstico é normalmente bo, aínda que poden aparecer complicacións co paso do tempo, como por exemplo fallo renal no caso de que o tracto urinario estea implicado.

Prevalencia: descoñecida, aínda que se describiron un total de 700 casos aproximadamente. Sábese que predomina no sexo feminino e en persoas de idade avanzada.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

ACALASIA IDIOPÁTICA

Definición Trastorno motor esofáxico primario que presenta unha pérdida de peristalsis esofáxica e unha relaxación non eficaz do esfínter ...