Definición
Trastorno do nervio que é encargado do movemento dos músculos da cara. Este denomínase como nervio facial ou séptimo par craneal. Cando se produce un dano neste nervio desenvolvese unha debilidade ou parálese dos músculos faciais. A cal pode deberse a hinchazón do nervio facial na área onde atravesa os osos do cráneo. Uns dos efectos de esta parálese é que a mitade da cara se vexa caída e o sorriso se acentúe nun só lado e un dos ollos non peche.
Normalmente afecta a maiores de 65 anos pero pode presentarse en todas as idades.
O que provoca esta parálese non é seguro e asociase a algunhas enfermidades como herpes zóster, SIDA, enfermidade de Lyme ou infección do oído medio.
Signos e síntomas
- Debilidade leve a parálese total dun lado do rostro, ocorre en horas ou días.
- Parálese facial ou dificultade para facer expresións faciais.
-Babeo
-Dor ao redor da mandíbulas ou no interior ou detrás da orella afectada.
-Aumento da sensibilidade do sonido no lado afectado.
-Dor de cabeza.
-Disminución da capacidade de saborear.
-Cambios na cantidade de lágrimas e saliva secretada.
- Cegueira total ou parcial do ollo afectado.
Diagnóstico
O diagnóstico de esta enfermidade básase nun exame clínico, no que se basa na observación do aspecto facial deformado e a incapacidade de mover os músculos do lado afectado da cara. Para este trastorno no existe a probablidade de confirmación con outras medidas clínicas como análases de laboratorio. Pódese empregar a electromiografía para poder confirmar o dano nervioso e determinar unha gravidade. Para realizar un diagnóstico diferencial de outras posibles enfermidades pódese axudar de imáxes por resonancia magnética ou a tomografía computarizada.
Tratamento
Non existe ningún tratamento actual para esta parálese. Como explicamos anteriormente acaba desaparecendo ao longo do tempo. Sí se pode axudar con certos medicamentos que conteñan corticoesteroides, antivirais que axudan a que esta desapareza. Para evitar a sequidade do ollo afectado recomendase o emprego de gotas e lubricantes que axudan a disminuir as molestias.
Pronóstico
Esta parálese ten un bo pronóstico debido a súa recuperación total o paso de seis meses. Os síntomas melloran ao transcurrir poucas semáns e é moi raro que o doente volva a ter outra parálese de Bell ou padeza de secuelas graves para toda a súa vida.
Prevalencia
Estudos confirman que vense afectados 15-30 persoas de cada 100 000.
Entre un 6 e un 8% da poboación mundial afectada por estas enfermidades
xoves, 24 de outubro de 2019
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
ACALASIA IDIOPÁTICA
Definición Trastorno motor esofáxico primario que presenta unha pérdida de peristalsis esofáxica e unha relaxación non eficaz do esfínter ...
-
Definición A acromegalia é un desorde hormonal que se padece cando a glándula pituitaria produce unha gran cantidade da hormona do crec...
-
Definición A úvula bífida é unha embriopatía de tipo fisura que afecta á úvula, a cal está situada colgando na parte posterior do...
-
Definición A piomiosite (PM) ou miosite tropical é unha infección bacteriana primaria rara do músculo esquelético, xeralmente derivada...
Ningún comentario:
Publicar un comentario