Definición
Presencia de cavidades intramedulares cheas de líquido cefalorraquídeo que poden ser por unha causa coñecida (siringomielia secundaria) ou unha causa descoñecida ( siringomielia primaria).
Signos e síntomas
A maior parte da sintomatoloxía básase nunha leve discapacidade ou ningunha. Pero outras persoas poden chegar a desenvolver unha disrupoción das conexións neuronais da méula espiñal e daños neurolóxicos. Cando se produce unha sintomatoloxía, poden xurdir dor, formigueo ou alteracións na percepción da temperatura incrementandose o aumento de sensación a algúns estímulos. Estas pérdidas sensoriais son en extremidades superiores e tronco. En canto a estabilidade motora pode ir dende epasticidade (Definición) a pérdida da autonomía. Outras alteracións frecuentes son na vexiga e na función sexual.
Diagnóstico
É preciso realizar un exame neurolóxico e unha resonancia magnética para obter un diagnóstico sin erros. Empregaremos a resonancia para ver as cavidades cheas de líquido que nos permite verificar o grado de extensión tanto vertical como horizontal na médula, o que nos vai indicar a o nivel de afectación.
Tratamento
En casos de deterioro neurolóxico o tratamento adecuado sería ciruxía. Esta ciruxía varía dun doente a outros debido a variante e causa de syrinx. Este vídeo amósamos tratamentos basados na neuroendoscopia, para ver o vídeo faga click aquí.
Pronóstico
Ten pronóstico moi positivo pola pouca frecuencia de desenvolver discapacidades, ademais de manterse neurolóxicamente estables. Nos casos no que os afectados son intervidos quirúrxicamente redúcese a progresión clínica con gran efectividade. Unha excepción con un pronóstico máis desfavorable ocorrería no caso de realizar unha intervención quirúrxica da derivación directa da syrinx, que conlevarían a deficiencias neurolóxicas.
Prevalenciada
Estimase unha prevalencia de 8,4/ 100.000.
Ningún comentario:
Publicar un comentario