Definición
O síndrome de Wernicke-Korsakoff é un trastorno cerebral debido a falta de vitamina B1 (tiamina). Tamén pode entenderse como a unión de dous desordes mentales diferentes:
- Encefalopatía de Wernicke: enfermidade neurolóxica que se produce pola falta de tiamina. Os seus síntomas teñen que ver coa descordinación dos movementos para camiñar (ataxia) e un estado de confusión costante.
- Síndrome de Korsakoff: os síntomas desta enfermidade están relacionados con problemas de memoría defeito este síndrome adoita englobase nos tipos de amnesia.
O sindrome de Korsakoff comenza desenvolverse cando van desaparecendo os síntomas da encefalopatía de Wernicke
Signos e síntomas
Signos e síntomas Encefalopatía de Wernike
- Aparición de tremores nas pernas e dificultade a hora de coordinar os movementos necesarios para camiñar.
- Aparición de movementos oculares extraños, que provocan que non poidamos ver ben.
- Aparición dun estado de confusión ou de apatía.
Signos e síntomas Síndrome de Korsakoff
- Amnesia anterógrada: incapacidade para formar novos recordos.
- Amnesia retrógada: incapacidade para recordar episodios do pasado .
- Fabulación: ivencción de historias.
- Alucinacións: ver ou escoitar cousas que realmente non existen.
Diagnóstico
O médico sospeitará deste síndrome en persoas que presenten os síntomas característicos e sufran un trastorno que poida provocar este síndorme (desnutrición ou défict de tiamina), sobretodo si son alcohólicos.
Tamén se realizan probas como análises de sangue para determinar os niveis de glucemia e o reconto das células sanguíneas, probas de función hepática e probas de diagnóstico por imaxe. Algunhas veces os médicos miden a concentración de tiamina en sangue.
Tratamento
O obxetivo do tratamento é controlar os síntomas e evitar o empeoramento da enfermidade. Os síntomas que se poden remitir son os que teñen que ver coa coordinación motora e o movemento dos ollos, pero os que teñen que ver coas capacidades cognitivas non adoitan mellorar. Algunhas persoas poden necesitar hospitalización ao comenzo.
O tratamento adoita ser :
- Prevención da toma continuada de alcohol.
- Mellora de hábitos alimenticios.
- Atención psicolóxica individual e en grupos de apoio.
- Inxección de vitamina B1
Pronóstico
Sin tratamento o síndrome empeora de forma constante e pode ser mortal.
Prevalencia
A prevalencia desta enfermidade é relativamente baixa.
Ningún comentario:
Publicar un comentario