Definición
É unha enfermeidade que causa perdida de cor nas zonas da pel. A extensión e a velocidade da perdida da cor por vitiligio son impredicibles. Pode afectar a pel en calquera parte do corpo e tamén pode afectar ao cabelo e a parte interna da boca. Polo xeral a melamina determina o cor do cabelo e da pel. O vitiligo producese cando as células da melanina morren ou deixan de funcionar. Esta enfermidade afecta a todo tipo de peles, pero faise máis percetible nas peles que son máis escuras.
Esta enfermidade non é contaxiosa nin pon en perigo a vida.
Según o tipo de vítiligo que teñas, as manchas sin cor poden afectar:
- Moitas partes do corpo: tamen se denomina `` vitiligo xeneralizado´´, que é o máis frecuente, as manchas sin cor adoitan prensentarse de maneira similar nas partes do corpo correspondente (forma simétrica)
- Soamente un lado ou unha parte do corpo: tamén denominado ``vitiligo segmentario´´, tende a presentarse a unha idade máis temperá, progresa durante un ou dous anos e logo detense.
- Unha ou só algunhas zonas do corpo: denomindado `` vítiligo localizado ´´
O vítiligo adoita aparecer con maior frecuencia antes dos 20 anos.
Signos e síntomas
O pincipal signo do vitiligo é a perdida de pigmentación irregular na pel. Xeneralmente, os cambios de cor observanse primeiro en zonas que están máis expostas ao sol, como as mans, os pes, os brazos, no rostro e nos beizos.
Outros signos poden ser :
- Coloración branca ou gris prematura do cabelo, nas pestanas, nas cellas ou na barba.
- Perdida da cor nos texidos que recobren o interior da boca e na nariz (membrana muscosa).
- Perdida ou cambio de cor na capa interior do globlo ocular.
Diagonóstico
- Historia clínica e un exame : ante a sospeita de presentar vitiligo realizarase unha ananmesis que recollerá a historia clínica e un exame físico para descartar outras enfermidades como dermatitis ou psoriasis. No exame físico pódese empregar a proxección sobre a pel dunha lámpara de luz ultravioleta para axudarnos a interpretar o vitiligio.
- Biopsia de pel e extración de sangue: consiste en extraer unha pequena mostra da pel afectada (biopsia) e extraer sangue para analizar nun laboratorio co fin de dectetar unha afección autoinmunitaria non diagnosticada, como anemia ou diabetes.
Tratamento
Hai moitos tratementos dispoñibles para axudar a recuperar a cor da pel o semellar o tono. Algúns destes tratamentos son:
- Medicamentos: no existe ningún medicamento que deteña o proceso de vitiligio, pero algúns medicamentos en conxunto ca fototerapia poden axudar a recuperar o tono da pel, por exemplo: cremas que controlen a inflamación ou medicamentos que afectan ao sistema inmunitario (ungüentos con inhibidores da calcicenuria )
- Terapias: algunhas das terapias que se estan utilizando son a Psoraleno combinado con fototerapia ou eliminación da cor restante ( despigmentación)
- Ciruxía: é unha opción en caso de que a fototerapia non funcione. O obxetivo é conseguir que se asemelle o tono da pel mediante a recuperación da cor. Existen tres tipos de ciruxías: inxerto cutaneo, inxerto de ampollas e tatuaxes (micropigmetación)
Pronóstico
É díficil predecir como progresa esta enfermidade xa que nalgúns casos as manchas deixan de formarse sen tratamento pero na maioria dos casos a perdida da pigmentación extendese e co tempo afecta a gran parte do corpo. É pouco frecuente que a pel recupere a súa cor.
Prevalencia
Esta enfermidade afecta >1/1000
Ningún comentario:
Publicar un comentario