Definición
Derivacións precordiais dereitas con segmento ST elevado |
Signos e síntomas
A maioría dos pacientes están asintomáticos, entre un 20-30% teñen síncopes e un 8-12% sufren paro cardíaco (podendo provocarlles unha morte súbita).
A pesar de que a enfermidade non xera síntomas notables, algúns dos signos e síntomas que poden significar ter este síndrome son:
- Mareos
- Desmaios
- Respiración difícil, especialmente polas noites
- Latidos irregulares, caóticos e extremadamente rápidos
Diagnóstico
Básase no exame clínico e no electrocardiograma. As patoloxías coas que sempre se debe realizar un diagnóstico diferencial por poder presentar o patrón característico do síndrome de Brugada no ECG son a pericarditis aguda, a distrofia muscular de Duchenne, a miocardiopatía arritmóxena do VD, a hipertrofia doVD, o síndrome de repolarización precoz, a isquemia ou o infarto de miocardio agudo, a embolia pulmonar, a anxina de Prinzmetal, a disección aórtica, o déficit de tiamina, a hipercaliemia, a hipercalcemia e a hipotermia.
Tratamento
O tratamento máis eficaz é o uso do desfibrilador automático implantable (DAI). Para iso, o primeiro sería identificar os individuos con alto riesgo de sufrir BrS. Ademais, nestes pacientes poderíase utilizar a quinidina como terapia, podendo reducir o número de individuos que requiran o shock por DAI.
Pronóstico
O pronóstico dos pacientes con esta enfermidade é moi variable, debido a que hai individuos que sofren BrS e desconóceno, outros que teñen antecedentes familiares, outros con ECG normais ou con casos sospeitosos de arritmias, etc.
Prevalencia: 1-5/10000. É máis frecuente en varóns que en mulleres: 8:1.
Ningún comentario:
Publicar un comentario