mércores, 16 de outubro de 2019

TOXOPLASMOSE CONXÉNITA

Definición

A toxoplasmose conxénita (CTX) é unha embriofetopatía caracterizada por lesións oculares, viscerales ou intracraneales secundarias a unha primoinfección materna por Toxoplasma gondii. Aparece nas etapas prenatal, neonatal ou na infancia.

Signos e síntomas

Ao principio é asintomática, sin evidencias visibles para detectar a infección, aínda que pode haber algúns signos e síntomas, como son:
- Tamaño anormal do cerebro
- Fiebre
- Dor xeral
- Inflamación dos ganglios linfáticos
- Ictericia pola concentración de bilirrubina en sangue
- Erupcións na pel
- Anemia
- Hematomas

Diagnóstico

O diagnóstico básase na evidencia de infección do feto, bebé ou neno con antecedentes de primoinfección materna durante o embarazo ou ata 6 meses antes da concepción.
O diagnóstico diferencial inclúe outras infeccións conxénitas (por exemplo a rubeola) e os síndromes pseudo-TORCH e de Aicardi-Goutières.
Tamén podemos realizar un diagnóstico prenatal, mediante a ecografía fetal e a resonancia magnética, que detectan anomalías cerebrais, cardíacas ou placentarias.

Tratamento

Nalgúns países realízase un seguimento sistemático do estatus serolóxico de cada muller embarazada, para diagnosticar e tratar as infeccións fetais e maternas temperás. Ás embarazadas seronegativas realízanselles probas a miúdo para detectar seroconversión (tratamento con espiramicina se procede). En caso de infección fetal, recoméndase unha combinación de pirimetamina-sulfonamida. Ademais, debe tratarse tamén aos neonatos, aínda sendo asintomáticos, posto que as complicacións aínda poden aparecer.

Pronóstico

O pronóstico depende moito do xenotipo do parásito, da idade xestacional na infección materna e do momento no que se realice o tratamento prenatal e postnatal.

Prevalencia: descoñecida



Ningún comentario:

Publicar un comentario

ACALASIA IDIOPÁTICA

Definición Trastorno motor esofáxico primario que presenta unha pérdida de peristalsis esofáxica e unha relaxación non eficaz do esfínter ...