luns, 14 de outubro de 2019

XERODERMA PIGMENTOSO

Definición

O xeroderma pigmentoso é unha afección rara hereditaria que consiste nunha hipersensibilidade da pel ante a radiación ultravioleta (UV). As persoas con esta enfermidade presentan un elevado risco de padecer un cáncer de pel.

Signos e síntomas


Este trastorno presenta síntomas cutáneos, oculares e do sistema nervioso.


Entre os síntomas cutáneos máis frecuentes atopamos:
- Ampollas despois da exposición ao sol
- Vasos sanguíneos aracnoides
- Formación de costra
- Descamación da pel
- Pel en carne viva que supura
- Fotofobia
- Cáncer de pel en idade temperá

Entre os síntomas oculares están:
- Ollo seco
- Opacidade na córnea
- Úlceras na córnea
- Hinchazón ou inflamación das pálpebras
- Cáncer nas pálpebras, córnea ou esclerótica

Entre os síntomas neurolóxicos incluimos:
- Discapacidade intelectual
- Retraso no crecemento
- Pérdida da audición
- Debilidade muscular nas pernas e nos brazos

Os síntomas adoitan aparecer aos 2 anos de idade.

Diagnóstico

Realízase un diagnóstico diferencial, que inclúe a tricotiodistrofia, os síndromes de Cockayne, cerebro-óculo-facio-esquelético, de sensibilidad á radiación UV, de Rothmund-Thomson e a protoporfiria eritropoyética.

Tratamento

É moi importante que os pacientes con esta enfermidade reciban unha revisión periódica de pel e ollos, así como que reciban un tratamento adecuado das lesións cancerosas. Pode estar asociado a un déficit de vitamina D, polo que se deberían prescribir suplementos. Non hai ningún tratamento curativo para o XP, pero é esencial evitar a exposición ao sol e realizar un seguimento periódico para diagnosticar e tratar posibles cánceres de pel.

Pronóstico


O pronóstico adoita ser bo para os pacientes que non presentan alteracións neurolóxicas asociadas e que realizan unha rigurosa protección frente aos raios UV. Os trastornos neurolóxicos asociados soen ir evolucionando progresivamente, reducíndose a esperanza de vida.


Prevalencia: 1/1000000 (en EEUU e Europa)


Resultado de imagen de xeroderma pigmentoso

Ningún comentario:

Publicar un comentario

ACALASIA IDIOPÁTICA

Definición Trastorno motor esofáxico primario que presenta unha pérdida de peristalsis esofáxica e unha relaxación non eficaz do esfínter ...