Definición
Trastorno da pel que se caracteriza pola presencia de zonas de pel oscura, cambios de cor aterciopelados nos plegues e nos surcos. Na zona donde se produce pode ocorrer un engrosamento da pel. As zonas máis frecuentes son as axilas, ínguas e pescozo. As persoas de maior risco de presentar estas manchas son as persoas obesas ou con diabetes.
A acantosis pódese considerar unha advertencia en certos casos de tumores e órganos internos, como pode ser o estómago ou o fígado.
Algunhas das causas asociadas coa acantosis nigricans son:
- Resistencia a insulina: Moitas das personas desenvolven unha resistencia a insulina. Esta resistencia provoca un problema co azucre levando a padecer unha diabetis tipo 2.
- Trastornos hormonais: Aumenta a probabilidade de presentar esta patoloxía as persoas con quistes ováricos, tiroides pouco activas ou problemas coas glándulas suprerrenais.
- Determinados medicamentos e suplementos: dosis altas de niacina, píldoras anticonceptivas, predmisona e outro tipo de corticoides.
-Cancro: Tende a aparición de acantosis nigricans en linfomas ou no crecemento de tumores en órganos internos.
Signos e síntomas
-Pel oscura, espesa e aterciopelada en plegues e arrugas do corpo.
-Cambios lentos.
-Olor e escozor.
-En nenos tende a ter unha alta probabilidade de contraer diabetis de tipo 2.
Diagnóstico
O seu diagnóstico é un exame clínico e na revisión periódica da zona afectada para ver o seu progreso. En caso de duda de acantosis nigricans pódese realizar exames de sangue para verificar o nivel de azucre sanguíneo ou de insulina, endoscopias e radiografías.
Tratamento
Actualmente non existe tratamento específico para esta patoloxía. Existe un tipo de tratamento de trastorno non diagnósticado que pode devolverlle parte da cor e da textura anterior nas zonas máis afectadas.
Pronóstico
Ten un pronóstico favorable chegando a desaparecer unha vez atopada a súa causa.
Prevalencia
Aparece en 2 de cada 12 000 doentes.
Ningún comentario:
Publicar un comentario