mércores, 20 de novembro de 2019

ACRANIA

Definición

A acrania é un trastorno conxénito que ocorre no feto humano no que os ósos planos da bóveda craneal están total ou parcialmente ausentes, é dicir, non se forma completamente a parte superior do cráneo.



Signos e síntomas


En canto aos signos e síntomas presentes nesta patoloxía, trátase dunha afección claramente visible na parte superior da cabeza das persoas afectadas.

Cabe destacar que existen outras anomalías que poden e soen acompañar a acrania:
- Anencefalia: defecto no que non está presente ninguna parte do cerebro, así como o cráneo e o cobro cabeludo
- Labio leporino: defecto conxénito que consiste nunha fundidora ou separación no labio superior
- Defectos cardíacos
- Anomalías gastrointestinais

ANENCEFALIA

LABIO LEPORINO
                                                                                                  
Diagnóstico

Esta enfermidade pódese diagnosticar de maneira temperá no embarazo (aparece durante o principio ou o fin da cuarta semana de desenvolvemento fetal) cunha técnica de ultrason (ecografía).

É realmente importante a detección temperá, pois esta patoloxía pode causar un aborto espontáneo.

Tratamento

Non existe un tratamento médico para a acrania. A atención céntrase en proporcionar apoio emocional á familia.

A interrupción do embarazo soe ser recomendada polos profesionais sanitarios unha vez que se diagnostica a patoloxía fetal.

Pronóstico

Debido á falta de desenvolvemento cerebral, aproximadamente o 75% dos bebés nace sen vida e o 25% restante morre ás poucas horas, días ou semanas despois do parto.

Prevalencia: 1/2.000-5.000 nacementos.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

ACALASIA IDIOPÁTICA

Definición Trastorno motor esofáxico primario que presenta unha pérdida de peristalsis esofáxica e unha relaxación non eficaz do esfínter ...