mércores, 20 de novembro de 2019

ACROMEGALIA

Definición

A acromegalia é un desorde hormonal que se padece cando a glándula pituitaria produce unha gran cantidade da hormona do crecemento durante a idade adulta. Cando esto ocorre, os teus ósos aumentan de tamaño. A acromegalia, polo xeral, afecta a adultos de idade media pero pode afectar a calquera idade, cando acfecta a nenos que estan en periodo de crecemento pode causar unha enfermidade denominada xigantismo.


Signos e síntomas


Un signo frecuente da acromegalia é o aumento do tamaño das mans e dos pes.
Debido a que esta enfermidade cursa de forma lenta, os primeiros signos poden non ser evidentes durante anos.

Na acromegalia podense producir os seguintes signos e síntomas, estos poden variar dunha persoa a outra:

  • Mans e pes máis grandes.
  • Faccións faciais máis grandes. 
  • Pel áspera, grasosa e máis grosa.
  • Sudoración excesiva e con cheiro. 
  • Pequenas verrugas na pel (fibromas brandos).
  • Fatiga e debilidade muscular.
  • Voz máis grave e áspera debido ao aumemento do tamaño das cordas vocais e os senos nasais. 
  • Ronquidos severos debido a obstrución da vía aérea superior .
  • Visión alterada.
  • Lengua máis grande. 
  • Dor nas articulacións e movilidade reducida.
  • Irregularidades no ciclo menstrual nas mulleres.
  • Disfunción eréctil nos homes.
  • Agrandamento dos órganos, como o corazón.
  • Perdida do desexo sexual.
Diagnóstico

O médico realizara unha exploración física e realizara as seguintes probas:
  • Medición da hormona do crecemento e do IGF-I: Teras que facer xaxún desde a noite anterior. Despois recollese unha mostra de sangue para medir os niveis da hormona do crecemento e de IGF-I. Niveis elevados poden suxerir acromegalia.
  • Proba de supresión hormona do crecemento: Método difinitivo para verificar si tes acromegalia. Neste exame os niveis da hormona en sangue midense antes e despois de tomar glucosa. A inxesta de glucosa fai disminuir os niveis da hormona do crecemento polo tanto si se manteñen altos despois de inxerir glucosa quere decir que tes acromegalia.
  • Probas de diagnóstico por imaxes:  resonancia magnética, para localizar e medir o tamaño do tumor na glándula pituitaria.
Tratamento

O tratamento consiste en disminuir a producción da hormona do crecemento, e dos efectos negativos do tumor na glándula pítuitaria nos texidos próximos. Algún dos tratamentos que se aplican son:
  • Ciruxía
  • Medicamentos: medicamentos que reducen o exceso de secreción da hormona do crecemnto (análogos da somatostatina), medicamentos para disminuir os niveis hormonais (agonistas da dopamina), medicamentos para inhibir a acción da hormona do crecemento (antagonista da hormona do crecemento)
  • Radiación: radioterapia convencional, terapia con raios de protóns, radiociruxía estereotáctica. 


Pronóstico

Sí a enfermidade non se trata rapidamente, pode causar enfermidades graves e incluso a morte.
Con tratamento podese recudir o risco de complicacións e mellorar de forma sinificativa as características desta enfermidade.

Prevalencia

A prevalencia desta enfermidade é 1-9/100.000.





Ningún comentario:

Publicar un comentario

ACALASIA IDIOPÁTICA

Definición Trastorno motor esofáxico primario que presenta unha pérdida de peristalsis esofáxica e unha relaxación non eficaz do esfínter ...