Definición
Trastorno do desenvolvemento do tubo neural que provoca alteracións graves no crecemento do feto.
En esta patoloxía non obtemos o desenvolvemento do cerebro e do cráneo esperado, realízase de maneira incompleta.
Algunhas das consecuencias é o nacemento de recén nacidos sin rexións extensas do encéfalo, sin algún ósos da cabeza e sin porcións do coiro capilar quedando parcialmente descuberto o cerebro.
Podemos clasificar a Amencefalia en total ou parcial. A parcial considerase cando o teito do cráneo, vesículas ópticas e a parte posterior do cerebro están desenvolvidas nalgún grao, e total sería cando estas partes están ausentes.
A causa de esta patoloxía débese ó defecto do desenvolvemento do tubo neural que se produce na cuarta semán do desenvolvemneto fetal.
Signos e síntomas
- Ausencia do telencéfalo, que contén o córtex e por tanto hemisferios cerebrais.
-Ausencia do cráneo, meninxes e pel presentando unha estreita capa de membrana.
- Ausencia de funcións como sentir a dor, oír , ver , moverse sentir emocións ou pensar.
-Non presentan consciencia do seu entorno.
-Anomalías na cara
-Defectos cardíacos.
Diagnóstico
O diagnóstico básase nun exame clínico. Este tamén se pode realizar durante a xestación con distintos procedementos como ecografia ou anmiocentesis. A ecografía revelanos a presenza de polihidramnios e a anminiocentesis detecta niveis elevados de alfafetoproteína.
Tratamento
Non existe tratamento para esta patoloxía. Os recéns nacidos suministraselle auga e comida para que estén o máis cómodos pero non se chega a realizar ningunha intervención polo súa baixa esperanza de vida e porque non son conscientes da realidade. Unha maneira de previr según algúns estudos de investigación é a inxesta de ácido fólico que axuda a previr deformacións no tubo neuronal.
Pronóstico
O pronóstico nesta patoloxía é desfavorable debido a que a sitomatoloxía impiden que o recén nacido poida vivir. A maior esperanza de vida para estes nenos é ata os catro anos xa que a maioría non pasan de días ou meses.
Prevalencia
Ocurre en 1 de cada 1 000 xestantes e nacen 1 de cada 10 000 recén nacidos.
Ningún comentario:
Publicar un comentario