Contracción repentina involuntaria e repetitiva do músculo orbicular (o músculo circular ao redor do ollo) que provoca posturas e movementos anormais.
O blefaroespasmo é bilateral e pode estar acompañado de movementos involuntarios do pescozo, cabeza ou boca, que mentras durme o doente desaparecen. Os seus efectos progresan aumentando pouco a pouco de intensidade e frecuencia. O peche forzado dos párpados pode conlevar a alteracións visuais.
As súas causas poden vir dunha alteración neurolóxica funcional, efectos secundarios de certos tipos de medicamentos ou a falta de lubricación da superficie ocular.
Unha das formas nas que se pode dar é de maneira hemifacial afectando aos músculos dun lado da cara.

-Párpadeo incontrolabe
-Peche forzado dos ollos.
-Disminución da visión
Diagnóstico
O diagnóstico básase nun exame clínico dos movementos involuntarios que realiza .
Tratamento
O tratamento consiste na protección ocular con lentes de sol, no emprego de gotas lubricantes para disminuir o parpadeo para repartir a lágrima polo ollo e a aplicación de toxina botulínica que consiste na aplicación dunha sustancia para relaxar temporalmente a contracción dos músculos.
Nos casos máis graves pódese recurrir a unha ciruxía que se chama miectomía do músculo orbicular e musculatura depresora. Esta ciruxía retira parcial ou totalmente as fibras dun dos músculos do párpado superior, evitando o seu peche de forma repentina.
Pronóstico
O pronóstico de esta patoloxía é favorable en canto a esperanza de vida. A calidade de vida vese disminuida pola afectación en algúns casos da vista. Na maioría dos casos o período de tempo de afectación non se prolonga máis de unha semán.
Prevalencia
Ocurre 1 caso cada 33 000 personas.
Ningún comentario:
Publicar un comentario