venres, 15 de novembro de 2019

BRUCELOSE

Definición 

A Brucelose é unha infección bacteriana que se trasmite dos animais as persoas (a maioria das veces, através da leite, do queixo e doutros productos lácteos sin pasteurizar). Con menos frecuencia, as bacterias que causan brucelose propaganse polo aire ou polo contacto directo con animais infectados.


Signos e síntomas

Os síntomas da brucelose podense presentar poucos días ou meses despois de infectarse. Os signos e síntomas son parecidos aos da influenza e poden ser:

  • Febre. 
  • Escalafríos.
  • Pérdida de apetito.
  • Sudores. 
  • Debilidade.
  • Fatiga. 
  • Dor articular, muscular e de espalda. 
  • Dor de cabeza.
  • Debilidade.
  • Dor abdominal. 
  • Dor de espalda. 
  • Glándulas inflamadas.
Os síntomas poden desaparecer durante semanas ou meses e despois volver a aparece. En algunhas persoas, a brucelose volvese crónica e os síntomas duran anos, incluso despois do tratamento. Os signos e síntomas a largo prazo pode ser: fatiga, febre recurrente, artritis inflamatoria, hinchazón do corazón (endocarditis) e espondilitis (tipo de artritis inflamatoria que afecta a columna vertebral e as articulacións adxacentes).

Diagnóstico 

Os médicos adoitan confirmar os diagnóstico de brucelose ao analizar unha mostra de sangue ou médula ósea en busca da bacteria Brucella ou de anticorpos contra ela. Para axudar a detectar as complicacións da brucelosisis, e posible que te teñas que someter a probas adicionas como:
  • Radiografías: poden revelar os cambios nos ósos e nas articulacións. Máis información sobre esta proba
  • Tomografía computarizada ( TC) ou resonancia magnética (RM): As probas de diagnóstico por imáxes axudan a indentificar inflamacións ou abcesos no cerebro ou outros texidos. Máis infromación sobre esta proba
  • Cultivo de líquido cefalorraquídeo: Con este procedememto, analizase unha pequena mostra de líquido que rodea o cerebro e a médula espiñal en busca de infeccións como meninxitis e encefalitis.
  • Ecocardigrafía: En este exame, utilizanse ondas sonoras para crear imaxes do corazón e buscar signos de infección ou de danos. Máis información sobre esta proba
Tratamento 

O obxetivo do tratamento para esta enfermidade e aliviar os síntomas, previr a reaparicón da enfermidade e evitar complicacións. 
O tratamento consiste en tomar antibióticos (doxicilina, estreptomicina e xentamicina) polo menos seis semanas, é posible que os síntomas non desaparezan por completo durante varios meses. Ademáis, a enfermidade pode reaparecer e volverse crónica. 

Pronóstico 

O pronóstico desta enfermidade é bo, ten unha mortalidade inferior a 1%, pero hai que ter enconta que os síntomas poden aparecer e desaparecer durante anos e poden reaparecer despois de un largo período de tempo sen presentar síntomas.

Prevalencia 

A prevalencia desta enfermidade é descoñecida. 

Ningún comentario:

Publicar un comentario

ACALASIA IDIOPÁTICA

Definición Trastorno motor esofáxico primario que presenta unha pérdida de peristalsis esofáxica e unha relaxación non eficaz do esfínter ...