venres, 15 de novembro de 2019

CALCIFILAXE

Definición

A calcifilaxe é unha enfermidade grave na que se acumula calcio nos pequenos vasos sanguíneos da grasa e da pel. Co tempo, isto pode levar á formación de coágulos de sangre, privando aos tecidos grasos e á pel de osíxeno e nutrición.

Signos e síntomas

- Coágulos de sangue
- Úlceras na pel
- Infeccións graves que poden conducir á morte
- Insuficiencia renal 

Diagnóstico

Para determinar se hai calcifilaxe, realízase unha biopsia da pel, análisis de sangue e estudos de diagnóstico por imaxe (radiografías).

Tratamento

Para evitar que o sangue se coagule, adminístranse anticoagulantes coma o apixaban, e para aumentar o suministro de osíxeno ás partes afectadas do corpo, administrarase osíxeno hiperbárico.

Pronóstico

O pronóstico é desfavorable, con morbilidade asociada a infeccións e a mortalidade en poucos meses. No 60-80% dos casos a sepsis levará ao paciente á morte antes de 10 meses.

Prevalencia: 1-9/100000

Resultado de imagen de calcifilaxis
Úlcera por calcifilaxe

Ningún comentario:

Publicar un comentario

ACALASIA IDIOPÁTICA

Definición Trastorno motor esofáxico primario que presenta unha pérdida de peristalsis esofáxica e unha relaxación non eficaz do esfínter ...