Coñéceselle co nome de carcinoma de Bellini a un carcinoma que se desenvolve nos túbulos colectores a nivel do ril.
Trátase dun subtipo moi agresivo de carcinoma de células renais que soe proliferar no epitelio dos túbulos colectores distais.
Signos e síntomas
- Hematuria
- Dor no costado
- Masa abdominal palpable
- Fatiga
- Pérdida de peso
- Febre
Con frecuencia, as persoas afectadas son asintomáticas durante un longo período de tempo, o cal leva a que a enfermidade se atope xa moi avanzada ou nun estadio metastásico no momento do diagnóstico.
En casos con diseminación metastásica pode presentarse:
- Dor de ósos
- Disnea
- Neumonía
- Compromiso neurolóxico
Diagnóstico
Para o diagnóstico desde tumor empréganse técnicas de imaxe que permiten a súa visualización, como a tomografía axial computarizada (TAC) abdómino-pélvica ou a resonancia magnética nuclear (RMN) da mesma zona anatómica.
Ademais, lévanse a cabo estudos anatomopatolóxicos a nivel macroscópico e microscópico para confirmar tanto a presencia do tumor como as súas características.
Tratamento
O tratamento inicial debe ser cirúrxico, levándose a cabo unha nefrectomía radical ampliada.
Sen embargo, ainda non existe consenso en canto ao tratamento complementario, posto que tanto os intentos de inmunoterapia como de quimioterapia amosaron unha resposta leve.
Pronóstico
Como ben se menciona con anterioridade, este tipo de carcinoma destaca, entre as súas peculiaridades, pola súa grande agresividade, presentándose no 50% dos casos con metástase no momento do diagnóstico e cunha taxa de mortalidade próxima ao 100% aos tres anos.
Prevalencia
Representa menos do 1% do total de neoplasias a nivel renal.
Ningún comentario:
Publicar un comentario