Definición
A displasia de Kniest ou Kniest síndrome é un raro trastorno xenético do crecemento óseo ou unha malformación no desenvolvemento polo menos de un óso no corpo. Esta enfermidade caracterizase por enanismo ou baixa estatura e con outros problemas asociados como a audición e a visión.
Signos e síntomas
Os síntomas da displasia de Kniest varian durante a infancia e a idade adulta.
O síntomas durante a infancia son :
- Extremidades cortas.
- Articulacións inflamadas, ríxidas ou deformadas.
- Cartílago óseo quebradizo.
- Corpo acortado, pescozo corto, con apariencia de barril no peito.
- Perdida de audición e problemas de visión.
- Escoliosis.
- Pé zambo e outras deformidades no pé.
- Hernia inguinal: abultamento dos órganos internos na apertura do abdomen.
- Abultado o ancho dos ollos.
- Problemas respiratorios.
- Cara redonda e plana.
- Paladar hendido.
- Displasia de cadeira- articulacións da cadeira desalineadas ou torcidas.
Os síntomas na idade adulta:
- Contracións das articulacións, que progresivamente están máis inchadas e van a peor.
- Peor curvatura espiñal.
- As dificultades auditivas e da visión empeoran co tempo.
Diagnóstico
As probas que se realizan para diagnosticar esta enfermidade son:
- Radiografías para probar a posición dos ósos e trastornos.
- Imaxe de resonancia magnética para evaluar as estructuras dentro dos ósos.
- Tomografía computarizada para producir imaxes trasversais.
- Probas xenéticas para diagnosticar as mutacións xenéticas, mediante a recolección de mostras de saliva ou sangue do neno.
- Imaxes EOS para recopilar imaxes tridimensionais da estructura ósea do neno.
Estas probas realizanse cando nace o neno e se observa unha estructura ou un desenvolvemento óseo anormal, pero tamén existen procedementos que poden diagnósticar esta enfermidade dentro do útero da nai.
Tratamento
Non existe un tratamento posible para a displasia de Knies, pero si para os problemas asociados desta enfermidade como: terapias físicas e ocupacionais, ciruxías, asistencia psicolóxica e cuidado xeral.
As afecciós ortopédicas como displasia de cadeira, escoliosis, anomalías craneofaciais, acortamento de extremidades e rixidez articular, paladar hendido e o pé zambo poden tratarse con ciruxía.
Pronóstico
O pronóstico vai a depender da presencia de malformación nas articulacións e anomalías vertebrais
Prevalencia
A prevalencia desta enfermidade é descoñecida.
Ningún comentario:
Publicar un comentario