venres, 8 de novembro de 2019

ENCEFALITE

Definición

Inflamación do cerebro. Esta presenta unha sintomatoloxía parecida a unha influenza leve ou pode non xerar ningún síntoma.  A súa principal causa descoñecese pero estudos afirman que a maioría son víricas. Algunhas infeccións bacteriáns e enfermidades inflamatorias non infecciosas tamén poden provocar encefalitis. Existen dous tipos principais e son:
- Encefalitis primaria: Cando o axente infecta directamento o cerebro. Esta infección pódese atopar nunha sóa zona ou extenderse. Pode suceder que sea a reactivación dun virus dunha enfermidade previa.
- Encefalitis secundaria: Causada por unha reacción defectuosa do sistema inmunitario na resposta a unha infección doutra  parte do corpo. Consiste no ataque das células sans do cerebro por erro do propio sistema inmunitario. Esta ocorre duas ou tres semás despois da infección principal.


Signos e síntomas

- Dor de cabeza
-Febre
-Dor muscular ou das articulacións
-Fatiga ou debilidade
-Confusión, axitación ou alucinacións
-Convulsións
-Pérdida de sensibilidade ou parálese en certas zonas do rostro ou do corpo.
-Debilidade muscular
-Problemas coa fala ou a audición
-Pérdida do coñecemento

 No caso dos recén ancidos algunha da sintomatoloxía que podemos atopar é:

- Protuberancia nos puntos brandos do cráneo
-Náuseas e vómitos
-Rixidez corporal
-Alimentación deficiente ou non despertar para alimentarse
-Irritabilidade

Diagnóstico

Básase principalmente nun exame clínico da sintomatoloxía que esta patoloxía produce.
Algunhas das probas que nos confirman a encefalitis son a punción lumbar, electrocardiograma mediante a imaxe do cerebro, tomografía computarizada da cabeza, reacción en cadea da polimerasa que mostra a presenza do virus, estudo serolóxico dos anticorpos que loitan contra os microorganismos e biopsia.

Tratamento

 O tratamento para esta enfermidade consiste no emprego de fármacos con antivíricos, antibióticos ou corticoesteroides. Tamén se pode empregar outros para aliviar os efectos da sintomatoloxía que deriva da encefalitis.
Cando a encefalitis  é autoinmunitaria pódese tratar con plasmaférisis, que consite na eliminación de anticorpos anómalos do sangue.
En casos de complicacións vitais recurriríase ao emprego de soportes vitais como sería un tubo de respiración.

Pronóstico

Depende da extensión do dano cerebral. Se a infección perdurou moito no tempo maior será o dano e menor a recuperación da función co tempo. Si a persoa non queda severamente afectada, poden producirse problemas da memoria, deglución, funcións executivas ou funcións neurolóxicas  pola destrucción das neuronas. Algunhas das partes pódense recuperar coa rehabilitación cognitiva e o entrenamento.

Prevalencia

Dase en 5-10 casos de 100 000.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

ACALASIA IDIOPÁTICA

Definición Trastorno motor esofáxico primario que presenta unha pérdida de peristalsis esofáxica e unha relaxación non eficaz do esfínter ...