martes, 5 de novembro de 2019

ESÓFAGO DE BARRET

Definición


É unha alteración na que as células normais que revisten o esófago (células escamosas) se transforman en células columnares especializadas non habituais no ser humano, que resultan por mutación. Prodúcese entonces unha metaplasia do epitelio a epitelio cilíndrico.



Signos e síntomas


- Ardor estomacal

- Vómitos
- Disfaxia
- Hematemese
- Sangue en feces (melenas ou sangue oculta en feces)

Diagnóstico


Para diagnosticar esta patoloxía realízase unha endoscopia con biopsia: permite a detección endoscópica de cambios na mucosa e a confirmación histolóxica da metaplasia.

Complétase cunha citoloxía.

Tratamento


Non existe tratamento curativo, pois as células non poden volver á normalidade unha vez que foron reemplazadas polas de tipo columnar.

Para deter o dano progresivo e o refluxo ácido:
- Farmacolóxicamente: os antagonistas dos receptores H2 e os inhibidores da bomba de protóns disminúen o ácido do estómago
- Cirúrxicamente: extirpación do tecido danado ou dunha sección do estómago

Pronóstico


Esta patoloxía presenta un risco de transformación a carcinoma esofáxico de 0,1% por ano.


Prevalencia: o 1,6% da poboación xeral sofre esta enfermidade.



Ningún comentario:

Publicar un comentario

ACALASIA IDIOPÁTICA

Definición Trastorno motor esofáxico primario que presenta unha pérdida de peristalsis esofáxica e unha relaxación non eficaz do esfínter ...