mércores, 6 de novembro de 2019

EPIDERMOPLASIA VERRUCIFORME

Definición

A epidermoplasia verruciforme é unha infección xeralizada causada polo virus do papiloma humano(VPH). Caracterizase por lesións planas persistentes que dan lugar a carcinomas con unha frecuencia moi alta. Afecta a cara, aos dorsos das mans, ao tronco e as extremidades. Adoita manifestarse entre as idedades de 1 a 20 ano

Signos e síntomas

Ao inicio as lesións son só manchas escamosas hipocrómicas localizadas na cara e no pescozo. Co tempo aumentan en número e tenden a evolucionar a pápulas, semellando verrugas planas de cor rosado ou pardusc, de poucos milimetros, de superficie lisa. Despois extendense ao dorso das mans, antebrazos, rodillas, pernas e dorso dos pes.
Entre os 7 e 17 anos de idade, aparecen manchas máis grandes no tronco, pescozo e rexión proximal das extremidades. Son lesións asintómaticas, erimatosas, hiper ou hipopigmentadas.
Nas zonas de maior exposición solar as placas eritomatoescamosas sobreelevanse volvendose queratósicas con tendeza a erosionarse e son as que hacia a terceira decada de vida  poden xenerar a enfermidade de Bowen.
A forma benigna presentase como mazaduras de verrugas no corpo, mentras que, a forma maligna mostra unha maior tasa de lesións na pel e ao desenvolvemento de tumores cutáneos





Dignóstico


O diagnóstico basase no achado clínico e histolóxico. Unha biopsoa cutánea evidencia lesións similares e verrugas planas con leve hiperqueratosis e hipergranulosis  Os queratinocitos da capa superior da epidermis son máis grandes, e presentan vascularización perinuclear e un cor pálido azul grisáceo. A infección por VPH pode detectarse igualmente efectuando unha hibridación in situ ou unha inmunohistoquímica con anticorpos anti-VPH. O dignóstico diferencial inclue o carcinoma de células escamosas, a acroqueratosis verruciforme, a tinea vesiculor e as verrugas con outros orixes.

Tratamento

O tratamento para esta enfermidade é o seguinte:
  • Crioterapia. 
  • Administración local de imiquimode de 5 fluorouracilo.
  • Retinoides. 
  • Interferón alfa. 
  • Terapia fotodinámica con ácido 5- aminolevulíno.
O tratamento alternativo para esta enfermidade é a escisión cirúrxica.

Prónostico

Esta enfermidade é progresiva. A evolución das lesións precancerosas e cancerosas son inevitables, so hai un caso de regresión, cando é causado polo virus do papiloma humano tipo 3 (moi pouco frecuente), pero a pesar do dito anteriormente, os tumores malignos que xenera son de escaso potencial metastatizante e limitanse a invadir localmente.

Prevalencia

A prevalencia desta enfermidade é descoñecida, pero sabese da existencia de 200 casos en todo o mundo.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

ACALASIA IDIOPÁTICA

Definición Trastorno motor esofáxico primario que presenta unha pérdida de peristalsis esofáxica e unha relaxación non eficaz do esfínter ...