domingo, 3 de novembro de 2019

FILARIASE

Definición


As filariases son un tipo de enfermidades tropicais, parasitarias e infecciosas causadas pola filaria, un gusano nematodo (en forma de fío).

Son transmitidas ao ser humano a través da picadura de insectos.
Os 3 tipos principais de filariase son:
- Filariase linfática ou elefantiase
- Loase
- Oncocercose
Son enfermidades endémicas en moitos países tropicais e subtropicais de Asia, África, América Central e do Sur e nas illas do Pacífico,  mentres que nos países occidentais son extremadamente raras.

FILARIASE LINFÁTICA ou ELEFANTIASE
LOASIS: infección por Loa loa 

ONCOCEROSE
Signos e síntomas

- Febre
- Prurito
- Dermatite
- Linfanxite
- Edema linfático
- Edema subcutáneo
- Afectación ocular

Diagnóstico

O diagnóstico da filariase céntrase na observación clínica dos signos e síntomas descritos anteriormente. Sen embargo, o diagnóstico definitivo establécese mediante probas de laboratorio, coa observación de microfilarias en sangue, así como tamén se detecta a aparición do microorganismo infeccioso en tomas de pel afectada.

Tratamento

O tratamento farmacolóxico consiste na utilización dun antihelmíntico. Este presenta serios inconvenientes, xa que o tratamiento debe manterse durante moito tempo debido á longa duración dos gusanos adultos, a alta frecuencia de reinfestacións e a carencia de vacinación.

O tratamento da filariase debe acompañarse con descanso na cama, elevación de partes afectadas, medias elásticas e limpeza da área afectada.
Ademais, lévase a cabo o tratamento cirúrxico, que consiste en retirar o tecido afectado coa posterior reparación plástica.

Pronóstico

Cerca de 40 millóns de persoas afectadas quedaron con discapacidade e desfigurados pola filariase.

Prevalencia

Máis de un billón de persoas en 73 países están expostas á enfermidade e máis de 120 millóns de afectados padécena na actualidade.


Ningún comentario:

Publicar un comentario

ACALASIA IDIOPÁTICA

Definición Trastorno motor esofáxico primario que presenta unha pérdida de peristalsis esofáxica e unha relaxación non eficaz do esfínter ...