Definición
A glasodinia, tamén denominada síndrome de boca ardente, orodinia ou glosopirose , é unha enfermidade sen etioloxía coñecida que se define como unha sensación crónica de ardor intraoral recurrente.
Signos e síntomas
A presentación típica corresponde a un ardor persistente da mucosa oral, acompañado de disxeusia e xerostomía. O ardor é continuo e soe limitarse á parte anterior da lingua, á mucosa dos labios e á mucosa xinxival anterior.
A lingua soe presentarse reseca e entumecida, as enxivas hipersensibles, o paladar abrasado ou de lixa e os labios cortados. Son frecuentes as parestesias orais.
Diagnóstico
O diagnóstico desta enfermidade establécese por exclusión. A él chégase despois de ter confirmado que os síntomas que refire o paciente non se deben a ningún outro proceso coñecido, xa sexa sistémico ou periférico, que puidera ser asociado a:
- Candidiase
- Deficiencias na secreción salivar
- Efectos secundarios de fármacos antidepresivos ou de inhibidores da enzima convertidora de anxiotensina (IECA)
- Ansiedade ou estrés
- Tratamentos de radioterapia ou quimioterapia
- Alcoholismo
Tratamento
Os tratamentos estándares actuais propoñen solucións que, en certa medida, se consideran dispares:
- Distintos fármacos, como o clonazepam ou a paroxetina
- Terpia cognitivo-conductual
- Lubricantes tópicos
- Aplicación de láser con diodo de enerxía de baixo nivel
Pronóstico
Os pacientes con glasodinia presentarán un pronóstico máis desfavorable mentres maior nivel de sintomatoloxía psicolóxica asociada presenten, e viceversa.
Prevalencia
A prevalencia desta afección oscila entre o 2,6% e o 24% segundo os diferentes estudos realizados, polo que non foi establecida unha prevalencia fidedigna.
Entre un 6 e un 8% da poboación mundial afectada por estas enfermidades
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
ACALASIA IDIOPÁTICA
Definición Trastorno motor esofáxico primario que presenta unha pérdida de peristalsis esofáxica e unha relaxación non eficaz do esfínter ...
-
Definición A acromegalia é un desorde hormonal que se padece cando a glándula pituitaria produce unha gran cantidade da hormona do crec...
-
Definición A úvula bífida é unha embriopatía de tipo fisura que afecta á úvula, a cal está situada colgando na parte posterior do...
-
Definición A piomiosite (PM) ou miosite tropical é unha infección bacteriana primaria rara do músculo esquelético, xeralmente derivada...
Ningún comentario:
Publicar un comentario