Definición
A globodontia ou síndrome otodental é unha enfermidade hereditaria rara, de transmisión hereditaria autosómica dominante. Caracterízase pola presenza de caninos e molares extremadamente grandes asociados a unha pérdida de audición neurosensorial.
Signos e síntomas
Entre o 80 e o 99% das persoas presentan anormalidade do canino, caries e insuficiencia auditiva neurosensorial progresiva.
Entre o 30 e o 79% das persoas teñen estes outros síntomas tamén: anormalidade do esmalte dental e anormalidade do maxilar.
Importante malformación dentaria. |
Diagnóstico
O diagnóstico son os achados dentais, e as probas xenéticas confírmano.
En canto ao diagnóstico diferencial, aínda que a pérdida de audición neurosensorial e anomalías dentais se dan noutros síndromes, ningún mostra os signos tan chamativos e característicos da globodontia.
Tratamento
É moi importante realizar un seguimento regular, tanto da dentadura como da audición, para realizar os tratamentos necesarios. Lévase a cabo un tratamento ortodóncico, sendo necesarias ás veces varias extraccións e a colocación de prótesis ou implantes. Ademais, débese poñer en marcha un programa preventivo para manter unha hixiene bucal e unha saúde adecuadas.
Pronóstico
O pronóstico adoita ser bo, sempre que o tratamento dental e o uso dos audífonos sexa o apropiado. Aínda así, a calidade de vida pode verse afectada debido a aspectos psicolóxicos e funcionais.
Prevalencia: <1/1000000
Ningún comentario:
Publicar un comentario