xoves, 31 de outubro de 2019

HERNIA DIAFRAGMÁTICA CONXÉNITA

Resultado de imagen de hernia diafragmatica congenita

Definición

A hernia diafragmática conxénita (HDC) é un defecto que ocorre cando, ao nacer, o diafragma non se forma completamente. Debido a esto, este músculo vai presentar un orificio, polo cal órganos como o estómago ou o intestino poden ascender ata o peito e comprimir os pulmóns, podendo desenvolver problemas respiratorios.

Signos e síntomas

Os recentemente nados mostran hipoxia, angustia, abdomen excavado con protusión esternal, desplazamento cardíaco contralateral, ruidos respiratorios ausentes ou reducidos, pulmóns hipoplásicos, malrotación ou malfixación do intestino, malformacións cardiovasculares, etc.

Diagnóstico

Para establecer un diagnóstico realízanse ecografías, radiografías torácicas e abdominais, resonancia magnética nuclear, gasometría e pHmetría.

Tratamento

Hai dúas opcións para tratar este trastorno: 
  • Tratamento convencional ao nacemento: consiste en dar soporte respiratorio mediante fármacos e diversas formas de respiración asistida no momento do nacemento, ata poder reparar o orificio do diafragma.
  • Cirurxía fetal: realízase unha oclusión traqueal fetoscópica. Neste caso, tamén é preciso o tratamento e reparación da HDC ao nacer, xa que o obxectivo da cirurxía é aumentar o crecemento pulmonar, non reparar a hernia.

Pronóstico

O pronóstico dependerá do grado de hipoplasia pulmonar, é dicir, de cómo de pequenos sexan os pulmóns. Tendo en conta as mortes prenatais e preoperatorias, a mortalidade é do 50-60% aproximadamente,. Despois da operación, entre un 70 e un 90% dos casos sobreviven.

Prevalencia: 1-5/10000 nacementos


Ningún comentario:

Publicar un comentario

ACALASIA IDIOPÁTICA

Definición Trastorno motor esofáxico primario que presenta unha pérdida de peristalsis esofáxica e unha relaxación non eficaz do esfínter ...