xoves, 31 de outubro de 2019

HIPERALDOSTERONISMO

Definición


O hiperaldosteronismo é un trastorno metabólico caracterizado por unha sobreproducción e sobresecreción da hormona aldosterona por parte das glándulas suprarrenais, o cal conleva a niveis disminuidos de potasio no plasma sanguíneo e a hipertensión arterial. 

Signos e síntomas

O hiperaldosteronismo pode ser asintomático, así como pode presentar algúns dos seguintes signos e síntomas: 
- Fatiga
- Dor de cabeza
- Hipernatremia
- Hipopotasemia
- Hipertensión arterial
- Parálisis temporal ou intermitente
- Espamos muscular ou debilidade
- Parestesia
- Poliuria
- Polidipsia
- Alcalosis metabólica

Diagnóstico

- Medición dos niveis de Na (sodio) e K (potasio) en sangue
- Medición dos niveis hormonais en sangue
- Tomografía Axial Computarizada e Resonancia Magnética Nuclear, así como outras probas de imaxe para visualizar as glándulas suprarrenais 

Tratamento

O tratamento depende da causa da alteración, pero o seu obxectivo básico é normalizar ou bloquear o efecto dos niveis elevados da hormona e evitar así posibles complicacións debidas á hipertensión arterial e á hipopotasemia. 
Se a causa da alteración é a presenza dun tumor nunha glándula suprarrenal, procederase á extirpación cirúrxica da glándula (suprarrenalectomía). 
Tamén se poden administrar fármacos antagonistas da aldosterona no caso de que non se poida ou quiera someter á ciruxía. 
Ademais, os fármacos antihipertensivos son de frecuente emprego nesta patoloxía e non se debe esquecer que a sua eficacia será moito maior se se combinan cun estilo de vida saudable

Pronóstico

A resección dun adenoma secretor de aldosterona leva á remisión dos síntomas nun 35-70% dos pacientes. 
No caso de que o tratamento non funcione ou non sexa o apropiado, os efectos producidos serán perxudiciais e estarán causados pola elevada presión arterial, con efectos directos ao miocardio e ao sistema cardiovascular en xeral, ademais de poder condicionar unha nefropatía. 

Prevalencia

Segundo un estudo retrospectivo, a prevalencia de hiperaldosteronismo nunha poboación hipertensa foi dun 11%. 



Ningún comentario:

Publicar un comentario

ACALASIA IDIOPÁTICA

Definición Trastorno motor esofáxico primario que presenta unha pérdida de peristalsis esofáxica e unha relaxación non eficaz do esfínter ...