xoves, 31 de outubro de 2019

HIPEROXALURIA PRIMARIA

Definición:


A hiperoxaluria primaria (HOP) producese cando tes demasiada cantidade de oxalato nos ouriños. O oxalato é unha substancia química natural do organismo que tamén está presente en determinados tipos de alimentos. Con todo, demasiada cantidade de oxalato nos ouriños pode provocar graves problemas.

A hiperoxaluria pode ser resultado de trastornos hereditarios (xenéticos), de unha enfermidade intestinal ou de consumir demasiados alimentos ricos en oxalato. O pronóstico dos riles a largo prazo depende do diagnóstico precoz e do tratamento oportuno para hiperoxaluria.

Signos e síntomas

A miudo, o primeiro signo da hiperoxaluria é un cálculo renal. Os síntomas do cálculo renal son:

  • Dor de espalda intenso ou repentino.
  • Dor na rexión no costado que non desaparece.
  • Sangue nos ouriños. 
  • Necesidade frecuente de ouriñar.
  • Dor ao ouriñar.
  • Calafríos e febre. 
Diagnóstico

O médico realizará un exame físico completo, que inclue a historia clínica e analizará a dieta. As probas para o diagnóstico de hiperoxaluria poden incluír as seguintes:
  • Análise de ouriña, para medir o nivel de oxalato e os niveis de outros metabolitos na ouriña.
  • Análise de sangue, para determinar a función renal e os niveis de oxalato en sangue. 
  • Análise dos cálculos, para determinar a composición dos cálculos renais que pasaron aos ouriños ou que se sacaron mediante ciruxía.
  • Radiografía de riñón, ecografía ou tomografía computerizada (TC), para verificar si hai cálculos renais ou depósito de oxalato de calcio. 
Aparte dos análise poden ser necesarias máis probas para confirmar o diagnóstico e determinar así de que maneira afectou a outras partes do corpo. As provas adicionais son as seguintes:
  • Análise de ADN. 
  • Biopsia renal. 
  • Ecocardiograma. 
  • Exame de ollos.
  • Biopsia de médula ósea.
  • Biopsia de fígado. 
Tratamento

O tratamento depende do tipo, dos síntomas e da gravidade da hiperoxaluria e de como ti respondas ao tratamento. Existen varias formas de tratamento como:
  • Tratamento para reducir o nivel de oxalato: medicamentos (vitamina B6, preparados con fosfato y citrato), alta inxesta de líquidos e cambios na dieta. 
  • Tratamento para o manexo dos cálculos renais.
  • Dialise e trasplante.
Pronóstico 

Sí non se trata esta enfermidada provocará que o riles deixen de funcionar provocando unha insuficicencia renal. 
Na súa etapa terminal pode provocar diversas complicacións fora dos riles, como por exemplo enfermidades nos ósos, anemias e problemas cardiácos e de visión. 

Prevalencia 

 A prevalencia desta enfermidade é 1-9/ 1.000.000.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

ACALASIA IDIOPÁTICA

Definición Trastorno motor esofáxico primario que presenta unha pérdida de peristalsis esofáxica e unha relaxación non eficaz do esfínter ...