domingo, 20 de outubro de 2019

SÍNDROME DE ASPERGER

Definición

É un trastorno do espectro autista (TEA) de intensidad leve. Aínda que as dificultades de base son iguais, o grado de afectación é claramente diferente.
A súa intelixencia soe ser normal, os síntomas menos intensos e, co apoio necesario, poden logar a autonomía na idade adulta.

Signos e síntomas

Os nenos e nenas afectados por este síndrome soen presentar:

- Escaseza en habilidades sociais
- Dificultades para manter o ritmo normal dunha conversación
- Conversación e actividades restrinxidas a determinados temas: falar só de dinosaurios ou de trens, por exemplo
- Uso dunha linguaxe perfecta e formal, pero sen o ritmo, entonación, emoción ou pausas que facilitan a comprensión
- Interpretación literal da linguaxe, por iso en ocasións non entenden bromas, ironías ou metáforas
- Dificultade para tolerar cambios de rutina
- Torpeza en cuestións motoras: tardan en aprender a andar, montar en bicicleta ou correr

Diagnóstico

Ante a posible sospeita, o neno/nena afectado será derivado polo seu pediatra a un psiquiatra infantoxuvenil que levará a cabo una avaliación completa con dous elementos:

- Entrevista aos pais co obxectivo de saber cando se identificaron os síntomas por primeira vez
- Avaliación psicolóxica das habilidades comunicativas do neno/nena afectado. Desta forma poderá coñecer as áreas nas que o grado de deficiencia do menor é mais acentuado.

Tratamento

O tratamento debe ser levado a cabo por un equipo multidisciplinar integrado por psiquiatras, psicólogos, neurólogos, traballadores sociais, logopedas e educadores, sempre xunto coa familia.

Non existe unha cura, pero cos apoios adecuados pódese alcanzar unha boa calidade de vida.

Pronóstico

Na idade adulta as persoas afectadas manteñen as súas dificultades, sobre todo no entorno social.
O seu aspecto e intelixencia son normais e poden ser independentes. Ademais, incluso poden ter habilidades especiais en áreas do seu interés.

Prevalencia: calcúlase que o sofren 3-7/1000 nenos e nenas, sendo máis habitual no sexo masculino.

ENTREVISTA A UN ALUMNO CON SÍNDROME DE ASPERGER







Ningún comentario:

Publicar un comentario

ACALASIA IDIOPÁTICA

Definición Trastorno motor esofáxico primario que presenta unha pérdida de peristalsis esofáxica e unha relaxación non eficaz do esfínter ...