mércores, 16 de outubro de 2019

TUMOR DE KLATSKIN

Resultado de imagen de tumor de klatskin
Definición

O tumor de Klatskin é un colanxiocarcinoma extra-hepático que aparece na unión dos condutos hepáticos principais dereito ou esquerdo para formar o conduto hepático común. Aparecen na idade adulta, sendo máis frecuentes en varóns.

Signos e síntomas

O principal signo é a ictericia. Ademais, estas persoas poden presentar dor abdominal, pérdida de peso e malestar xeral. Pode aparecer metástasis nos ganglios linfáticos rexionales.

Diagnóstico

O antíxeno carbohidrato 19-9 en soro é unha glucoproteína que se utiliza como marcador tumoral. Esta aumenta na maioría dos casos de tumores de Klatskin. Ademais, cando este tumor está presente, téñense detectado niveles elevados de fosfatasa alcalina, bilirrubina conjugada e gamma-glutamil transpeptidasa.
Para establecer un diagnóstico son necesarias probas de imaxe abdominais, visualización das vías biliares e biopsias da lesión.
A ferramenta máis útil no diagnóstico e estadificación dos tumores de Klatskin é a punción-aspiración con agulla fina guiada por ecoendoscopia dos ganglios linfáticos hiliares.

Tratamento

Este tipo de tumores son moi resistentes á quimioterapia e á radioterapia, polo que o único tratamento curativo posible é a resección cirúrxica. Isto vai implicar a resección hepática con lobectomía do caudado co fin de lograr unha maior probabilidade de que as marxes de resección sexan negativas.
Abordaxe secuencial do tumor de Klatskin con afectación arterial e venosa

Pronóstico

O pronóstico é bastante desfavorable, posto que estos tumores adoitan identificarse en etapas avanzadas, e a media de supervivencia é de cinco anos aproximadamente.

Prevalencia:1-9/100000

Ningún comentario:

Publicar un comentario

ACALASIA IDIOPÁTICA

Definición Trastorno motor esofáxico primario que presenta unha pérdida de peristalsis esofáxica e unha relaxación non eficaz do esfínter ...