Definición
A balantidiase é unha enfermidade infecciosa causada polo parásito Balantidium coli, un protozoo ciliado (organismo unicelular con cilios) que infecta con frecuencia animais como o porco, o mono, o cabalo ou os ratos salvaxes.
Polo tanto, trátase dunha afección que na maioría das ocasións van a sufrir aquelas persoas criadoras destes animais.
Está causada pola inxesta de auga e/ou alimentos contaminados con quistes do mencionado patóxeno, pois a súa membrana degrádase coas secrecións gástricas no estómago do hospedador e pasa logo ao intestino delgado e ao colon, onde se reproduce. Expúlsase a través das feces e presenta como vía de contaxio a vía feco-oral.
Signos e síntomas
O período de incubación é de un a sete días e pode cursar sintomático ou asintomático.
Entre os signos e síntomas destacan:
- Diarrea e estreñimiento alternos
- Feces con mucosidade, sangre ou pus
- Dor abdominal
- Náuseas
- Pérdida de peso involuntaria
- Vaciado incompleto ao evacuar
- Deshidratación
Diagnóstico
Para o diagnóstico desta enfermidade levarase a cabo unha recollida de feces de varios días para posteriormente estudalas en busca do parásito patóxeno causante da afección. Ademais, solicitarase unha colonoscopia para comprobar se existen ulceracións a nivel de colon, realizarase unha biopsia do tecido intestinal e procederase á realización de aspirados colónicos.
Tamén se realizará un test de inmunofluorescencia para detectar a presenza de anticorpos.
Tratamento
O antibiótico e antiparasitario Metronidazol é a mellor elección ante a presenza do Balantidium coli.
As medidas hixiénicas e de seguridade alimentaria son tamén de grande importancia, pero non tanto dende o punto de vista do tratamento, senón da prevención.
Pronóstico
En xeral, a balanditiase presenta un bo pronóstico.
En casos esporádicos dun curso fulminante da enfermidade pode producirse unha perforación intestinal, peritonitis e hemorraxia, conducindo á morte.
Prevalencia
O parásito presenta unha prevalencia que oscila entre o 0,5% e o 1%.
Entre un 6 e un 8% da poboación mundial afectada por estas enfermidades
domingo, 17 de novembro de 2019
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
ACALASIA IDIOPÁTICA
Definición Trastorno motor esofáxico primario que presenta unha pérdida de peristalsis esofáxica e unha relaxación non eficaz do esfínter ...
-
Definición A acromegalia é un desorde hormonal que se padece cando a glándula pituitaria produce unha gran cantidade da hormona do crec...
-
Definición A úvula bífida é unha embriopatía de tipo fisura que afecta á úvula, a cal está situada colgando na parte posterior do...
-
Definición A piomiosite (PM) ou miosite tropical é unha infección bacteriana primaria rara do músculo esquelético, xeralmente derivada...
Ningún comentario:
Publicar un comentario