martes, 22 de outubro de 2019

QUISTE DE TARLOV


Definición



Son pequenas masas que se desenvolven nas meninxes (capas internas chamadas piamadre, aracnoides e duramadre que protexen os nervios raquideos) da columna vertebral que conteñen líquido cefalorraquídeo. Aparecen máis frecuentemente na zona sacra e lumbar aunque pode desenvolverse na columna toracolumbar e cocixea.

 Estes quistes tamén son denominados: perineurales, perirradiculares ou aracnoides.
Son quistes complexos e difíciles de tratar debido a que as fibras dos nervios espiñales poden chegar a formar parte da súa parede ou dentro deles o que complica o seu tratamento cirúrxico.

Signos e síntomas 

Na maioría dos pacientes son asintomáticos, pero nalgúns casos as fibras nerviosas que conteñen dentro ou as fibras nerviosas cercanas poden ser comprimidas polo crecemento progresivo do quiste polo que provocan síntomas.
Cando estes quistes son sintomáticos o principal síntoma :
  •  A dor lumbar, ou radicular (ciática) aunque tamén pode aparecer formigueos ou sensacións anaomalas nas pernas, na zona pélvica ou perineal.
Outros síntomas que poden presentar estes quistes son:
  • Paresía ou falta de forza nas pernas. 
  • Disfunción sexual, urinaria ou defecatoria.
  • Signos de hipotensión do líquido cefalorraquídeo (dor de cabeza que aparece cando o paciente se pon de pé) 
Os pacientes con dor intenso e con síntomas progresivos e prolongados poden experimentar danos neurolóxicos progresivos e permanentes si os quistes singuen presionando as extructuras nerviosas durante o seu crecemento.

Diagnóstico 

Para diagnósticar estes quiestes o mellor exame é o de neuroimaxe e a resonancia magnética da columna lumbo-sacra. A resonancia magnética ten que ser acompañada por unha mielografía computadorizada que pode demostrar a comunicación co espacio subaracnoideo.
O diagnóstico destes quistes pode levar moito tempo porque os médicos poden non sospeitar deles xa que moitos problemas poden causar a compresión dos nervios da columna como por exemplo hernias discales.

Tratamento 

Non existe un tratamento estándar que sea indicado para todas as persoas con quistes de Tarlov sintomáticos. O tratamento depende dos síntomas e do tamaño do quiste :
  • Menores de 1.5 cm e sin alteracións locales teñen un tratamento clínico.
  • Maiores ou iguales a  1.5 cm teñen un tratamento cirúrxico.
 A parte do tamaño, o tratamento tamén depende das repercusións que este causando (compresión nerviosa u ósea) como tamén dos resultados da electromiografía dos membros inferiores.

O tratamento clínico basase na fisioterapia, o uso de medicamentos para aliviar a dor e a inflamación, como por exemplo medicamentos anti-inflamatorios non esteroideos (AINES), corticoides e relaxantes musculares.
O tratamento cirúrxico pode ser mediante laminectomía, aunque existen máis opcións cirúrxicas Máis información sobre as opcións cirúrxicas


Pronóstico 


Na maioría dos casos, os quistes son asintomáticos e non dan problemas, pero nas persoas que teñen síntomas progresivos e prolongados corren risco de ter un dano neuroloxíco permanente.


Prevalencia


 A prevalencia desta enfermidade é descoñecidos.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

ACALASIA IDIOPÁTICA

Definición Trastorno motor esofáxico primario que presenta unha pérdida de peristalsis esofáxica e unha relaxación non eficaz do esfínter ...