luns, 21 de outubro de 2019

RETINOBLASTOMA

Definición

Tipo de cancro que afecta aos tecidos da retina dos ollos. Concretamente desenvolvese no tecido nervioso da zona traseira do ollo que é a encargada de detectar a luz do exterior e envíarlle as señais o ollo.
  Trátase dun tumor maligno que tende a presentarse en nenos, desenvolvéndose tanto no feto como na fase de crecemento. Os 18 meses  é a idade media na que se diagnóstica este tipo de cancro. Pode darse o caso de retinoblastoma unilateral que se diagnosticaría aos dous anos de idade.
  Grazas a estudos sabemos que ten un compoñente xenético e heridatario, polo tanto os fillos dos doentes de esta enfermidade teñen un 50% de posibilidades de presentar esta patoloxia e o seu desarrollo en ambos ollos.

Signos e síntomas

- Leucocoria ou presentar a pupila de cor branca ou con manchas brancas.
-Estrabismo ou desviación de un dos ollos.
-Visión doble dos obxectos.
-Ollos desaliñados.
-Pupila vermella e dor nos ollos.
- Falta de visión.
-Diferencia nas cores do iris.
-Dor ósea si o retinoblastoma se diseminou.
- Agrandamento da pupila do ollo afectado.


 Diagnóstico

- Exame físico e estudo dos antecedentes do doente: Consiste en unha exploración e unha anmanmesis dos antecedentes familiares xa que o compoñente xenético  é unha das causas máis frecuentes.
-Examen ocular: Procedemento  polo cal dilatamos a pupila do ollo con unhas gotas e observamos o interior do globo ocular a través dunha lente. Pódense realizar tres tipos de exames, revisando o interior do ollo para estudar o nervio e a retina, estudo con un haz de luz forte ou analizando o fluxo de sangue e de vasos do interior do globo ocular.
- Resonancia magnética de órbitas: Non precisa o uso de radiacións ionizantes.
- TC craneal: observanse as estructuras internas do ollo.
- Exploración ósea: con un material radioactivo absorvido polos ósos observamos as partes sans de este.
-Biopsia: observación si o retinoblastoma se extendeu a outras zonas do corpo.

Tratamento

Para valorar o tipo de tratamento que se vai a realizar  basámanos en tres criterios: focalidade do cancro, idade do doente e en que parte se localiza. Algúns tipos de tratamento son:

- Enucleación: extraese a totalidade do globo ocular para evitar que metastice a outras zonas do corpo.
- Radioterapia externa: indicado no caso de que o retinoblastoma afecta ambos globos oculares e exista a imposibilidade de tratamento local.
-Radioterapia local: emprego en casos de retinoblastoma maiores de 16mm.
-Termoterapia transpupilar: realizase con enerxía láser e luz infravermella, basándose en aplicar calor sobre células e tecido danado co fin de destruílo.
-Fotocoagulación: emprégase en tumores pequenos que non afectan ao disco óptico.
-Crioterapia: retinoblastoma de 5mm.
-Quimioterapia sistémica:  emprégase en doentes de pouca idade que sexan candidatos ao tratamento de enucleación.

Pronóstico

 O pronóstico en mortalidad é positivo xa que existe unha porcentaxe  moi baixa. Pode darse a mortalidade en caso de metástasis sistémica.

Prevalencia

 Afecta a un de cada 15 000 recén  nacidos.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

ACALASIA IDIOPÁTICA

Definición Trastorno motor esofáxico primario que presenta unha pérdida de peristalsis esofáxica e unha relaxación non eficaz do esfínter ...